Arquivo por meses: Setembro 2017


O curso gratuito destinado a desempregados de horticultura e floricultura iniciarase no mes de outubro, e terá unha duración de 600 horas (260 de formación teórica, 340 de formación práctica e 40 de prácticas en empresa). Con esta formación, os alumnos aprenderán a realizar labores de preparación do terreo, sementeira e […]

Curso de horticultura e floricultura gratuito para desempregados


O próximo 28 de setembro ás 12.00h no salón de Plenos da casa do Concello terá lugar a sesión ordinaria do Concello Pleno, co seguinte orde do día ¡Convidamos a todos os vecinos e veciñas a asistir!.

Convocatoria para o Pleno ordinario



O 1 de outubro. realizarase a Xornada de iniciación ó fútbol gaélico mixto no local social da Pontraga ás 17.30h, e posteriormente ás 18.00h no campo de fútbol de Santaia, presentación do xogo e adestramento coa xente da Suévia F.G. Esta xornada está organizada pola A.C. Brisas do Quenllo, coa colaboración […]

Xornada de iniciación ó fútbol gaélico mixto


A Concellería de Cultura está facendo unha nova recollida de fotos antigas ao longo de todo o mes de outubro para a elaboración do calendario municipal do ano 2018. Por este motivo, pedimos a colaboración dos veciños para que nos faciliten fotos de grupos de xente (de casamentos, etc .. […]

Recollida de fotografías antigas



OFERTA DE EMPREGO O Concello de Tordoia Informa Que desde o luns 25 de setembro e ata o 30 de setembro de 2017, está aberto o prazo para solicitar emprego dentro do PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DE TORDOIA polo cal se contratarán a 5 peóns cunha xornada de 5 […]

OFERTA DE EMPREGO


A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha o programa Xuventur 2017. Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que […]

Programa Xuventur 2017



O Concello vén de abrir o prazo para a inscrición nas actividades de envellecemento activo “En forma” 2017/2018. As actividades desenvalveranse dende o 20 de outubro de 2017 ata o 30 de xuño de 2018, e teñen un custo de 5 € ao mes. Terán preferencia as persoas maiores de […]

Envellecemento activo 2017/2018


O domingo 17 de setembro, entre as 10.40h e as 11.00h nun primeiro momento (Tarroeira – Tordoia – A Tablilla), e posteriormente entre as 11.53h e as 12.05h (O Empalme), está previsto que a Volta Ciclista a Galicia pase polo Concello. Convidamos a todos os veciños e veciñas a desfrutar […]

Volta ciclista a Galicia



A Mancomunidade de Municipios de Ordes pon en marcha este mes dous cursos gratuítos en liña dirixidos aos veciños da comarca para fomentar o cooperativismo “O emprendemento cooperativo” Dirixido a persoas da Comarca de Ordes desempregadas, emprendedoras e todas aquelas que teñan interese en coñecer o funcionamento das cooperativas. (30 horas) […]

Cursos da Mancomunidade de Ordes


O Concello de Tordoia abre o prazo do 13 ao 20 de setembro para inscribirse no curso de Patchwork, que terá lugar no mes de outubro na Casa da Cultura. As inscricións deberán facerse chamando ao Concello (981.690.001). Lembramos que este curso conta con prazas limitadas.

Aberto o prazo de inscrición no curso de Patchwork