A finalización da Travesía en Pontepedra custará 170.000 €


O pleno do concello vén de aprobar o proxecto de finalización da travesía de Pontepedra, capitalidade do municipio, na estrada provincial DP 8401, cun orzamento de 170.000 €

A obra que será financiada pola Deputación Provincial dentro do Plan de Travesías 2017, e que consiste na construción de 830 metros de beirarrúa por ambas as marxes, cos servizos de saneamento, pluviais e canalización de iluminación pública.

Con iso, darase un servizo importante ao núcleo e seguridade peonil, necesidade demandada polos veciños e cumprindo un compromiso do goberno municipal.