Aberto o prazo de inscrición no curso de Patchwork


O Concello de Tordoia abre o prazo do 13 ao 20 de setembro para inscribirse no curso de Patchwork, que terá lugar no mes de outubro na Casa da Cultura.

As inscricións deberán facerse chamando ao Concello (981.690.001).

Lembramos que este curso conta con prazas limitadas.