Aberto o prazo de inscrición no curso “Internet e novas tecnoloxías”


O Concello de Tordoia pon en marcha un novo curso “Internet e novas tecnoloxías” abrindo o prazo de inscrición para que todos os veciños e veciñas interesados poidan inscribirse.

O Concello organiza este curso, para todas as idades, no que se pretende dar a coñecer aos asistentes unha visión xeral das novas tecnoloxías tan importantes hoxe en día, e explicar o uso de internet para que ao rematar o curso os alumnos e alumnas sexan capaces de buscar información e navegar pola rede.

As persoas interesadas en ter máis información ou matricularse poden facelo:

Chamando ao 981 683 006.

Na Casa da Cultura: horario de 16.00 h a 21.00 horas.