ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O VERÁN LÚDICO 2019


O Concello abre o periodo de inscrición para o Verán Lúdico Educativo 2019, organizado polo Concello de Tordoia para todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos. O Verán lúdico estará cho de actividades: roteiros medioambientais, actividades de reciclaxe, manualidades, xincanas, saídas culturais, oiga, e moitas máis.

As inscricións poderán realizarse:

  • Ata o 10 de xuño de 2019, nos Servizos sociais do Concello de Tordoia (teléfono 981690001).

O prezo do verán lúdico é:

  • 30€ quincena:menores empadroados no Concello.
  • 50€ quincena: menores non empadronados no Concello.
  • Descontos do 15% para irmáns ou familias numerosas.

O Horario do verán lúdico será:

  • Do 1 de xullo ao 14 de agosto, de 9.30 a 14.00 horas.