Aberto o prazo de solicitude das axudas contra a violencia de xénero


A Secretaría Xeral de lgualdade vén de aprobar as bases para a concesión das axudas das medidas de protección integral contra a violencia de xénero e para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria.

A finalidade das axudas é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

As axudas aprobadas son:

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a indemnización.

O prazo de presentación é ata o 30 de novembro de 2019 para o caso das axudas, e ata o 31 de outubro de 2019 para as indemnizacións.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto dos Servizos Sociais Municipais son:

Baixo da Casa do Concello

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio