Aberto o prazo de solicitude das axudas sociais de carácter extraordinario


Desde o día 20 de decembro, se establecen as axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do fondo de asistencia social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos (non contributivas (PNC), do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM)).

Trátase de axudas compatibles con outras axudas que o beneficiario poida recibir doutras administracións.

A contía destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán de oficio mediante un pagamento único na conta bancaria na que as persoas beneficiarias teñen domiciliada a súa pensión.

Persoas Beneficiarias e requisitos: Serán persoas beneficiarias as que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do FAS e as do SGIM nas cales concorran os seguintes requisitos:
Estar en situación de alta en nómina con data do 1 de xaneiro de 2018 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data de entrada en vigor deste decreto.

Máis información nos Servizos Sociais comunitarios. Os datos de contacto dos servizos sociais municipais son:

Baixo da Casa do Concello

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio

Pode descargar o bando de Alcaldía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando axudas sociais de carácter extraordinario