Aberto o prazo de solicitudes do “Programa de Alimentos 2019”


A Alcadesa Inés Pereiro vén de anunciar que xa está aberto o prazo para solicitar ser beneficiario do Programa de Alimentos para o presente ano 2019

Os e as destinatiros/as son primordialmente familias con escasos recursos económicos e/ou en risco de exclusión social.

A documentación que deberán achegar para a solicitude é:
• DNI ou pasaporte da persoa solicitante
• Certificado de convivencia
• Xustificante de ingresos: pensións, nóminas ou outros ingresos
• Declaración do IRPF ou certificado de imputacións
• Certificación bancaria depósitos, valores e contas.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 15 de marzo de 2019.

Para máis información ou presentación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando programa alimentos 2019