Aberto o prazo para a solicitude do bono Coidado


A Xunta de Galicia aprobou pola Orde do 31 de outubro de 2017 as bases polas que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se procede a súa convocatoria (DOG nº 214 do 10/11/2017).

Obxecto:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das abrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

Persoas beneficiarias:
Pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto da anualidade 2018.
  2. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2015 respecto da anualidade 2017 e do ano 2016 respecto da anualidade 2018.

Contía:
Entre 7 €/hora e 14 €/hora, segundo a renda per cápita da unidade familiar.

Prazo:
Ata o 30 de abril de 2018

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios.

POde ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando apertura do prazo para solicitar o Bono coidado