Aberto o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal 2018


O Concello de Tordoia informa de que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza o programa “Xuntos polo Nadal 2018” de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores de 60 anos, que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Destino: Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña.
Datas e servizos : Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2018 e o de xaneiro de 2019, e comprende os seguintes servizos:

• Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
• Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
• Desprazamento en autobús.
• Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o  día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Prezo da praza: As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84 €/mes), asistirán de forma gratuita ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Solicitudes e información: Servizos Sociais comunitarios .  Os datos de contacto dos servizos sociais municipais son:

 Baixo da Casa do Concello

  Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas

servizos.sociais@tordoia.gal

 981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio

 Teléfono Social (de balde): 900 333 666

Prazo de solicitudes: ata o 15 de novembro incluido.

Na seguinte ligazón pode descargar o Bando publicado:

IR Á LIGAZÓN Bando Xuntos polo Nadal 2018