Aberto o prazo para solicitar campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019


O Concello de Tordoia informa de que xa está aberto o prazo para solicitar campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019.

Estes campamentos permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades, que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Os requisitos para solicitalos son:

• Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
• Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
• Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
• Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
• Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
• Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Os prezos destes campamentos son:

  • Prezo xeral: 125€
  • Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€
  • Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:

• As persoas que non participaran en anos anteriores.
• Residan habitualmente no domicilio familiar.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de maio de 2019 incluido.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando aberto o prazo para solicitar campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019.