Aberto o Prazo para solicitar ser beneficiario do Programa de Alimentos para o presente ano 2018


Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde
do Concello de TORDOIA (A Coruña)
FAI SABER:
Que está aberto o Prazo para solicitar ser beneficiario do Programa de Alimentos para o presente ano 2018.

Persoas destinatarias:
Familias con escasos recursos económicos e/ou en risco de exclusión social.

Documentación:
• DNI ou pasaporte da persoa solicitante
• Certificado de convivencia
• Xustificante de ingresos: pensións, nóminas ou outros ingresos
• Declaración do IRPF ou certificado de imputacións
• Certificación bancaria depósitos, valores e contas, con data 31 de decembro de 2017

Solicitudes: Servizos Sociais comunitarios
Prazo: ata o 15 de febreiro do presente ano
Tordoia 12 de xaneiro de 2018
O alcalde

Descarga do bando Aberto o Prazo para solicitar ser beneficiario do Programa de Alimentos para o presente ano 2018