Aberto prazo do programa benestar en balnearios 2017


O prazo para solicitar praza PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 está aberto ata o 17 de abril de 2017.

Requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

Acompañantes:

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal.

Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos

Duración e servizos ofertados

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017

Servizos: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido cos tratamentos termais coas indicacións terapéuticas que figuren para cada balneario.

Prazo presentación de solicitudes

O prazo é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.

Presentación de solicitudes e máis información

Servizos Sociais municipais.