Abre o prazo para facer a solicitude do bono Coidado


A Xunta de Galicia aprobou pola Orde do 25 de febreiro de 2019 as bases polas que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se procede a súa convocatoria (DOG nº 48 do 8/03/2019).

Obxecto:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das abrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019.

Persoas beneficiarias:
Pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
  2. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.
  3. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 1 O da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía:
Entre 7 €/hora e 14 €/hora, segundo a renda per cápita da unidade familiar.

Período subvencionable:

Desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.

Prazo para a realización das solicitudes:
Finalizará o día 2 de setembro de 2019 (por ser o 31 de agosto inhábil).

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando apertura do prazo para solicitar o Bono coidado