Ábrese ao tráfico unha nova rúa no núcleo da Pontepedra en Tordoia


Esta semana abriuse ao público unha nova rúa na capitalidade municipal do concello de Tordoia, trátase dunha rúa de 850 metros de longo e 8 de ancho e que transcorre desde a gardaría municipal ata a cooperativa.

A inversión desta actuación foi de 37.200€, dos cales o 80% foi aportado pola Deputación Provincial e o 20% restante polo concello.

O alcalde quere agradecer aos veciños colindantes pola cesión dos terrenos para o sobreancho desta carretera.