Anuncio Padrón provisional recollida de lixo exercicio 2018


Aprobado polo Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 6 de abril de 2018 o padrón fiscal da taxa polo servizo de recollida de lixo para 2018, sométese a información pública para a súa notificación colectiva de acordo co disposto no artigo 102.3 da lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, durante o prazo de 30 días, que contarán dende o día seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. e no taboleiro de edictos do Concello.

Durante este prazo, o devandito padrón estará a disposición dos interesados no Concello. Contra o acto de aprobación dos padróns e das liquidacións incorporadas a estes, os contribuíntes e, en xeral, os interesados, poderán interpoñer os seguintes recursos:

  1. Reposición, perante este Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ao transcorrer un mes dende a súa presentación, non se resolve da maneira expresa.
  2. Contencioso-Administrativo, perante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, ou no prazo de seis meses dende a súa interposición, se non o fose.
  3. Poderá interpoñerse calquera outro recurso que aos interesados lles conveña.

Descarga Anuncio Padrón provisional recollida de lixo exercicio 2018

Ligazón o BOP Padrón provisional recollida de lixo exercicio 2018