Aprobación do orzamento e o POS 2019 no Concello de Tordoia


O concello de Tordoia aprobou no pleno o orzamento para o ano 2019 pola cantidade de 2.865.000 €, onde destaca a partida destinada aos Servizos Sociais xa que implica o 20% do mesmo. Destacar tamén que para investimentos destínase un total de 600.000 €.

Neste mesmo pleno, aprobouse o plan único de concellos POS 2019, no que se inclúen as seguintes obras: Casa do Maior por un importe de 184.677 € e o aglomerado do camiño de Aboi a Casal da Devesa (Viladabade) por importe de 125.512 €; incluíndo no plan complementario o camiño de Casal da Devesa a Pedrasalgueira (56.346 €), camiño Vilar a Abelenda pola Viladabade (53.254 €) e a senda en Paradela – Leobalde (47.558 €).