Arrancan as actividades xuvenís da campaña de Verán 2017


Dende a oficina municipal de información xuvenil e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, informan do inicio da promoción e organización de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial dentro do programa “Campaña de Verán 2017”.

Poden participar nestas actividades todos aqueles mozos e mozas que teñan feitos entre 9 e 17 anos, esto son:

  • os nacidos/as no ano 2009 teñen que ter cumplidos os 9 anos ao inicio do campamento, e
  • os nacidos/as no ano 1999 non poderán cumplir os 18 anos antes da finalización do campamento)

O Prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de maio de 2017.

Pode consultar toda a información na seguinte ligazón da Xunta de Galicia:

IR Á LIGAZÓN Campaña de Verán 2017

Pode descargar o folleto informativo na seguinte ligazón:


DESCARGA Folleto informativo Campaña de Verán 2017

Tamén pode realizar calquera consulta e ampliar información na oficina municipal de información xuvenil

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

ana.rama@tordoia.gal

981 690 001 Persoa de contacto: Ana Rama