Aviso Legal


SITIOS WEB

Dominios​

En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de Outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Estas páxinas web pertencen a:

Titular: Exc. Concello de Tordoia
Domicilio social: Rúa Xesteira nº 17 CP 15683 Tordoia, A Coruña, España
Tlf.: 981 690005
E-mail: correo@tordoia.gal
C.I.F.: P1508500D

e os dominios están rexistrados cos seguintes datos:

Titular:  Ana Belén Gil Vázquez
Domicilio social: Travesia de Vigo 209A  36207, Vigo, ES
N.I.F: 36107402R
E-mail: a.gil@timgalicia.com

TERMOS E CONDICIÓNS DE USO DO SITIO WEB

Este é o sitio web oficial que o Concello de Tordoia pon a disposición dos/as cidadáns/as de Tordoia e de todos os/as usuarios/as da rede Internet. O seu obxectivo é fornecer servizo e información aos devanditos usuarios/as e proxectar e dar a coñecer así a cidade de Tordoia e a súa actividade. Un portal de información virtual que aspira a converterse nun punto de referencia e encontro entre os veciños de Tordoia, para achegar a todos os cidadáns os diferentes servizos e recursos municipais, ademais de facilitar de maneira cómoda e sinxela os trámites e as xestións con esta institución.

Todos os dereitos están reservados. Non está permitida a modificación da Web nin dos seus contidos. Todos eles son propiedade de Concello de Tordoia, se non se indica o contrario. Poden ser reproducidos libremente e para fins non lucrativos por calquera persoa pertencente a unha institución de carácter educativo ou investigador, a condición de que se cite a fonte da información. Outras institucións, organismos, empresas, etc deben solicitar o permiso escrito dos propietarios do copyright.

A información administrativa facilitada a través deste Web non substitúe a publicidade dos documentos que deban publicarse en Diarios e Boletíns Oficiais, cuxa edición é instrumento que dá fe do seu contido.

O Concello de Tordoia non é responsable do contido, exactitude e actualización da información que provén doutras persoas físicas ou xurídicas e que conste no sitio web ou á que se remita a partir de ligazóns ou outros sistemas. Neste sitio web oficial o usuario poderá atopar diversas ligazóns que lle conducirán a páxinas Web independentes desta. A súa única finalidade é a de facilitar o acceso a outras fontes de información na internet relacionadas coa actividade da cidade e a súa inserción neste sitio web está inspirada no respecto dos dereitos de propiedade intelectual que, no seu caso, poidan corresponder aos seus autores. Así mesmo, o establecemento de ligazóns ao sitio web do Concello de Tordoia deberá respectar os dereitos de propiedade intelectual de titularidade municipal.

O Concello de Tordoia non se fai responsable do uso por terceiros da información contida, aínda que estes terán que aterse ás advertencias que consten para determinados documentos e aplicativos.

Todos os datos fornecidos polos/as usuarios/as non se destinarán a outras finalidades que as expresadas en cada caso, nin tampouco se facilitarán a terceiros, de acordo cos principios de protección de datos de carácter persoal que establece a Lei Orgánica de Protección de Datos (Lei 15/1999, do 13 de decembro).

O Concello de Tordoia utiiliza todos os medios dispoñibles para que os contidos do sitio web estean libres de virus informáticos. Con todo, non acepta ningunha responsabilidade polos posibles danos causados polos mesmos, cuxa ausencia non queda garantida.

O Concello de Tordoia resérvase o dereito para modificar e ampliar contidos, informacións, aplicativos, etc. deste sitio web en calquera momento e sen previo aviso.

O interese do Concello de Tordoia é o de que este sitio web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para a que foi creado. Por iso manteno, poñendo todos os medios razoables para conseguilo, pero non se responsabiliza de posibles disfuncións e/ou anomalías no seu funcionamento causadas por unha circunstancia accidental, forza maior ou traballos de mantemento, que imposibiliten o correcto acceso ao sitio web.

O Concello de Tordoia poderá modificar os termos e condicións que aparecen nesta páxina Web e, por tanto, aconsella a súa consulta cunha periodicidade razoable por se se producen cambios nos mesmos.

O uso deste sitio web implica o coñecemento e a aceptación dos termos e condicións contidos no mesmo. Ademais a utilización de determinados servizos a disposición dos usuarios deste sitio oficial pode estar sometida a condicións especiais, advertencias ou instrucións que tamén deberán ser consultadas e aceptadas sen reservas polos usuarios.

Para calquera aclaración, información, suxestión, queixa, etc. poden utilizar a caixa de correos de suxestións desta Web ou dirixirse a Concello de Tordoia, Rúa Xesteira nº 17, CP 15683 (A Coruña).

Os/as usuarios/as poden exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición que lles outorga a vixente Lei Orgánica de Protección de Datos (Lei 15/1999, do 13 de decembro) sobre os seus datos, solicitándoo con previa identificación, persoalmente, por teléfono, por correo, fax ou correo electrónico.

CRÉDITOS

Este sitio Web está creado por TIM Galicia

Xestión de contidos: as informacións que aparecen neste sitio web son elaboradas, mantidas e actualizadas por parte das diferentes áreas municipais. A responsabilidade do contido, exactitude, actualización e mantemento doutros dominios asociados é das concellerías e servizos municipais que os promoven.