Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021


Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA (A Coruña)

FAI SABER

Que pola Orde do 22 de xuño de 2018 se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convovatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG no 123 do 28/6/2018)

Obxecto: Concesión (código de procedemento V1432A) e a renovación (código de procedemento procedemento V1432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 :

  1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
  2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a

persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Contía das axudas

1 . A contía da axuda para a liña A, axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan méis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

  1. A contía da axuda para a liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

Prazo de presentación: un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata 0 30 de xullo de 2018.

Presentación de solicitudes e máis información: Servizos Sociais Comunitarios