Axudas extraordinarias a persoas emigrantes Galegas e retornadas


Obxecto

Concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

As persoas galegas e nacidas en Galicia e os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos

  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
  • Non ter transcorrido máis de 1 ano entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución. Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen, en cómputo global, o IMPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar
  • Estar empadroado e ter residencia nun concello da C.A. de Galicia.
  • Carecer de bens mobles cuxo valor supere o límite de 10.000 € máis 2.000 € adicional por cada membro da unidade familiar e/ou de inmobles cando a suma dos seus valores de todas as persoas que integran a u. familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000€.

Prazo de presentación

Ata o 31 de agosto de 2017, incluído.

Información e tramitación

Servizos Sociais Comunitarios