Axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no ano 2018


Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde

do Concello de TORDOIA (A Coruña)

FAI SABER

Que pola Orde do 22 de xaneiro de 2017 se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (ED416A) (DOG nº 27 do 07.02.2018).

Requisitos:

  1. Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na CA de Galicia.
  2. Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  3. Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
  4. Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  5. Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  7. Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio en Galicia.

Lugar de presentación: a través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal.

Prazo de presentación: do 8 de febreiro ao 7 de marzo de 2018.