Bando Plantacións forestais


Antonio Pereiro Liñares, Alcalde do Concello de Tordoia (A Coruña),

FAI SABER:

Que en aplicación da Lei 3/2007 da Xunta de Galicia, de prevención e defensa contra incendios forestais, se lle require aos propietarios de terreos que dean cumprimento das obrigas de limpeza e, de maneira especial, que manteñan permanentemente limpas as franxas de protección establecidas arredor das edificación silladas e aldeas.

Recórdase igualmente ao longo da zona de dominio público das vías de circulación, non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da citada lei. Entre outras: eucalipto, acacia, mimosa, Piñeiro oregón, xestas, queiruga, fentos, silvas, toxo. Reiterar tamén, que se respeten as distancias mínimas das repoboacións forestais contempladas no Anexo II da lei 7/2012 de Montes de Galicia.

No caso de non cumprir ditas normas por parte das persoas responsables estaráse expostos as sancións que establece a Xunta de Galicia, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria e sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador.

A responsabilidade de evitar os incendios forestais é de todos.

Tordoia a 29 de xuño de 2017

DESCARGA BANDO Plantacións forestais

DESCARGA Medidas plantacións