Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de participación no Programa de Turimo social do IMSERSO


BANDO

Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA (A Coruña)

 

FAI SABER

Que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de participación no Programa de TURISMO SOCIAL do IMSERSO para a tempada 2017-2018.

Requisitos:

  • Ser pensionistas de xubilación do Sistema de Seguridade Social.
  • Ser pensionistas de viudedade con 55 anos o máis de edade, do Sistema de Seguridade Social.
  • Pensionistas por outros conceptos, ou preceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser asegurado ou beneficiario do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

Modalidades:

  • Zona Costera Peninsular: Andalucía, Cataluña, Comunitat Valenciana e Murcia, estancias de 15,10 e 8 días.
  • Zona Costera Insular: Canarias e Illes Balears, estancias de 15,10 e 8 días.
  • Turismo de Interior, coas seguintes actividades: Circuitos Culturais, Turismo de Natureza, Viaxes a Capitales de Provincia, Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla estancias dende 7 ata 3 días.

Prazo: ata o día 7 de xuño de 2017. No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 7 de xuño e até o día 26 de febreiro de 2018, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.

Sinalar que si a pasada tempada se disponía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar nova solicitude, pois o IMSERSO remitíu carta para a renovación de datos.

Presentación de solicitudes e máis información: Servizos Sociais municipais.

 

Tordoia 9 de maio de 2017

O alcalde