Bases para a concesión das axudas para violencia de xénero


BANDO

Don ANTON IO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA

(A Coruña)

FAI SABER

Que pala Resolución de 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de lgualdade, se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, das medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 1 do 2/1/2018)

Obxecto:

A finalidade das axudas establecidas na Lei orgánica é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditadapor xulgados e tribunais con sede no territorio galega.

Tipo s de axudas:

  1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na CA de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego (axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero)
  2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do abrigado a satisfacer a indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Prazo de presentac ión:

  • Ata o 30 de novembro de 2018 para o caso das
  • Ata o 31 de outubrode 2018 para o caso das indemnizacións.

Presentación de solicitudes e m áis información: Servizos Sociais Comunitarios

Tordoia 5 de xaneiro de 2018

Descargar o Bando de Bases para a concesión das axudas para violencia de xénero