Bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019


O Alcalde, Amadeo Cancela informa mediante Bando da Alcaldía que pola Orde do 20 de marzo de 2019 se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019 (DOG nº 65 do 3/3/2019).

Poderán ser persoas beneficiarias destas prestación económica:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nadas entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

Os requisitos para realizar a solicitude son:

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou filla menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía das axudas será:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2019 incluido.

Presentación de solicitudes e máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019