Bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade


BANDO

Dona INÉs SANTOS PEREIRO, alcaldesa en funcións do Concello de TORDOIA (A Coruña)

FAI SABER

Que pola Orde do 14 de marzo de 2018, da Consellería de Infraestructuras e Vivenda, se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG no 60 do 26/3/2018)

Actuacións subvencionables: A instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezan deles. O prazo de execución das actuacións non poderá ser superior a doce meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.

Persoas beneficiarias: As comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar. Considerarase como persoa propietaria única do edificio a persoa física titular do pleno dominio do edificio. As persoas propietarias de dúplex ou de vivendas familiares deberán residir na vivenda para a que se solicita a subvención, o que se acreditará co certificado de empadroamento.

Contía das subvencións: A contía será en tódolos casos do 60% do gasto subvencionable, sen que poida exceder dos seguintes limites: Para as edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago:

  • Vivendas unifamiliares e dúplex: 2.500 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con 8 vivendas ou menos: 25.000 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas: 18.000€.

Cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras: 1.000 €, en caso de salvaescaleiras de cadeira, e os 2.000 €, en caso de salvaescaleiras de plataforma

Lugar de presentación: https: sede. xunta.gal ou no IGVS.

Prazo de presentación: ate 0 30 de maio de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG.

Tordoia , a 16 de abril de 2018

 

Descarga bando bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade