Bono social de enerxía eléctrica


No día de onte, o Alcalde fixo público un Bando á cidadanía con toda a información sobre o bono social de enerxía eléctrica, que reproducimos acontinuación. Os interesados poderán acceder a toda a información e solicitudes na oficina de servizos sociais municipais.

Que polo Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, se regula a figura do consumídor vulnerable, o bono social e outras medidas de proteccíón para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica (BOE nº 242 do 7/10/2017).

Que pola Orde ETU/943/2017, do 6 de outubro, se desenvolve o Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica (BOE nº 243 do 9/10/2017).

Consumidor vulnerable: Terá a consíderacíón de consumidor vulnerable a persoa física titular dun punto de submínistracíón de electricidade na súa vivencia habitual que estea acollido ao prezo voluntario para o pequeno consumidor (PVPC) e cumpra os seguintes requisítos:
a) Que a súa renda ou, caso de formar parte dunha unidade famílíar, a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa igual ou inferior:

  • 1,5 veces o IPREM de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familíar ou non haxa ningún menor na unidade familiar.
  • 1,5 veces o IPREM de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familíar ou non haxa ningún menor na unidade familiar.
  • 2 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar.
  • 2,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familíar.

Circunstancias especiais: os limiares de renda anteriores veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e para aqueles fogares con algún membro cunha díscapacídade superior ao 33%.

b) Estar en posesión do título de familia numerosa

c) Que o propio consumidor e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros da mesma que teñan ingresos, sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente, percibindo a contía mínima vixente en cada momento para as devanditas clases de pensión, e non perciban outros ingresos.

Consumidor vulnerable severo: Cando cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza:

1. Teñan unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos limiares establecidos no apartado a), incrementados no seu caso, en 0,5.

2. Teñan unha renda anual inferior ou igual a unha vez o lPREM a 14 pagas ou dúas veces o mesmo, no caso de que se alope na situación do apartado c) ou b), respectivamente.

Consumidores acollidos ao bono social á entrada en vigor da orde: Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, dispoñerán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.

Información: Servizos Sociais Comunitarios

Pode consultar o bando íntegro da Alcaldía na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Bando da Alcaldía sobre bono social de enerxía eléctrica