Campaña de doazón de sangue   ¡Novedad!


Carta do Alcalde aos veciños e veciñas:

#súmatedoasangue

Estimados vecinos e vecinas:

Os hospitais precisan preto de 10.000 doazóns  de sangue cada mes para atender a todos os enfermos e diríxome a todos vos para que participedes nesta campaña solidaria.

Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde na unidade móbíl antes da doazón de sangue:

TORDOIA

XOVES 10 de AGOSTO

Unidade de doazón de sangue diante do Concello

10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

Non acudas sen almorzar e depóis do xantar espera 2 horas. Non esquezas traer o DNI.
Informe ao médico da unidade móbil se está a tomar algún medicamento.

Máis información: http://ados.sergas.es

Twitter: @doadoressangue       Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue/

Tordoia acadou 62 doazóns por cada 1 000 habitantes en 2016 e o obxectivo é manter este elevado nivel de solidariedade, por riba das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1 000 habitantes).

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campanas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de canao e leucemia e levan e cabo cada dia unha media de 2 700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde.Grazas pola vosa colaboración.