Campaña informativa sobre a problemática e a xestión das especies exóticas invasoras.Xunta de Galicia


Un perigo para a nosa biodiversidade
PRECISAMOS DA TÚA COLABORACIÓN

Que son as especies exóticas invasoras?

Aquelas especies da flora, fauna ou fungos que sendo orixinarias doutros países ou continentes foron introducidos nos nosos ecosistemas e agora supoñen unha grave ameaza para a nosa biodiversidade, economía e saúde.

Que problemas ocasionan?

  • Ecolóxicos: a introdución de EEI modifica os nosos ecosistemas sendo a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial segundo a ONU.
  • Económicos: as EEI causan graves danos no sector primario: agricultura, gandería, silvicultura, piscicultura, apicultura, pesca, caza… O seu control ou erradicación supón un custe anual na Unión Europea de 12500 millóns de euros.

Sanitarios: as EEI tamén poden prexudicar anosa saúde, as veces son vectores de enfermidades, causantes de alerxias e danos epidérmicos.

Como podo axudar?  

  • Non adquiras mascotas exóticas invasoras. Tampouco as abandones no medio natural. Se non podes coidar da túa mascota, contacta co servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da túa provincia quen poderá asesorarte sobre os posibles destinos.
  • Planta especies autóctonas, Non êdçuiras plantas ornamentais invasoras e nunca botes os restos de podas na natureza.
  • Viveiros e profesionais da xardinería: deben manterse aotanto das novidades lexislativas e informar aos clientes sobre a problemática das EE’.
  • de xestión do medio natural: evitarase a dispersión de EEI ao través da maquinaria e roupa de traballo. Formarase ao persoal en materia de EEI.
  • Obrase infraestruturas: deben considerarse medidas.

Consulta

Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente: mapama.gob.es

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:  TRIPTICO CAMPAÑA EEI XUNTA DE GALICIA

 

Descargar tríptico Campaña informativa sobre a problemática e a xestión das especies exóticas invasoras.Xunta de Galicia