Charla “Saúde mental para todos”


O Concello de Tordoia organiza xunto a Andaina pro saúde mental unha charla o martes 13 de novembro ás 11.00 horas na Casa da Cultura de Tordoia.

Para poder asistir haberá que realizar inscrición previa chamando a servizos sociais (teléfono: 981 690 001).

Segundo a Organización Mundial da Saúde, “a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Polo tanto, se queremos ter unha boa saúde, debemos coidar tamén a saúde mental.