Convocadas as axudas de mobilidade Erasmus Estudos 2018/2019   ¡Novedad!


Pola Orde do 27 de novembro de 2018 se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas de movilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019. (DOG nº 1 do 2/1/2019) ED417 A.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses durante o curso académico 2018/19. Terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:

  • 1. De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega.
  • 2. De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia, Turquía.
  • 3. De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Antiga República lugoslava de Macedonia.

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).Solicitude ED417 A

Prazo: ampliado ata o 4 de febreiro de 2019, por ser o día 2 inhábil.

Pode descargar o bando da Alcaldía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando axudas de mobilidade