Convocadas as prazas do programa de Termalismo 2018


Pola Resolución do 3 de decembro de 2018, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no programa de Termalismo (BOE nº 297 do 10/12/2018)

Requisitos:
• Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
• Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
• Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
• Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2018, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde.

Prazos:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive): ate o día 11 de xaneiro de 2019.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive): ate o día 17 de maio de 2019.