Convocatoria prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero


BANDO

Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA

(A Coruña)

FAI SABER

Que pola Resolución de 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de lgualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Leí 11/2007 , do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 1 do 2/1/2018)

Obxecto:

Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Natureza e contía das prestacións:

A axuda consiste nunha contia económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias palas que se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude.

No suposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con estas e renuncie a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.

A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co IMPREM para o ano 2018,

Prazo de presentación:

Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano)

Presentación de solicitudes e máis información: Servizos Sociais Comunitarios

Tordoia 5 de xaneiro de 2018

Descargar o Bando de Convocatoria prestación periódica mulleres que sofren violencia de xénero