Curso de defensa persoal e autocapacidades no concello de Tordoia


O concello de Tordoia, como integrante da rede galega de entidades locais contra a violencia de xénero, rede que foi creada mediante convenio entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp, ven de impartir un curso de defensa persoal e autocapacidades, que tivo unha duración de dous días e no cal participaron 15 persoas, entre as que se atopaban a concelleira de servicios sociais Inés Santos Pereiro, así como persoal técnico deste departamento.