ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE DEFENSA PERSOAL   ¡Novedad!


O Concello informa do inicio do prazo de inscrición para a participación no curso de defensa persoal que terá lugar o 17 e o 21 de xuño, unha actividade enmarcada na prevención de situacións de violencia de xénero dirixido a mulleres maiores de 16 anos de idade.

Trátase dun curso gratuíto de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuacións ante diversas situacións, impartido por especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita que terá lugar no ximnasio municipal.

O curso ten prazas limitadas e para realizar a inscrición, as persoas interesadas deberán facelo a través dos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.