Curso de horticultura e floricultura gratuito para desempregados


O curso gratuito destinado a desempregados de horticultura e floricultura iniciarase no mes de outubro, e terá unha duración de 600 horas (260 de formación teórica, 340 de formación práctica e 40 de prácticas en empresa).

Con esta formación, os alumnos aprenderán a realizar labores de preparación do terreo, sementeira e transplantes de cultivos, realización de operacións de transporte e almacenamento, control de pragas e manexo e mantemento de maquinaria.

Os obxectivos son favorecer o autoemprego na horticultura e adquiriri unha culificación profesional para o emprego por conta allea.

Para inscricións ou máis información, os interesados deberán dirixirse:

  • Oficinas de Emprego Centro de Promoción Rural – EFA Fontecoba Teléfono: 981 733051