Cursos da Mancomunidade de Ordes   ¡Novedad!


A Mancomunidade de Municipios de Ordes pon en marcha este mes dous cursos gratuítos en liña dirixidos aos veciños da comarca para fomentar o cooperativismo

  • “O emprendemento cooperativo”

Dirixido a persoas da Comarca de Ordes desempregadas, emprendedoras e todas aquelas que teñan interese en coñecer o funcionamento das cooperativas. (30 horas)

  • “Xestión de cooperativas”

Dirixido a persoal técnico dos concellos da Comarca de Ordes que realice labores de asesoramento para o emprego, persoal de xestorías e asesorías, así como calquera persoa que queira coñecer a forma de xestión e organización das cooperativas. (30 horas)

O periodo de matriculación está aberto durante todo o mes de setembro.

Para máis información:

web: formacion.mancomunidadeordes.org

Correo electrónico: formación@mancomunidadeordes.org

Oficina: Manuel Pena – Oficina de fomento cooperativo da Comarca de Ordes: de luns a venres de 10h a 14h

Teléfono: 981 680002 – 674 460662