“Deseñando o teu futuro”


A Consellería de Política Social considera prioritario apoiar a formación da mocidade para que adquieran coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación, facilitanto un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno. Deste xeito, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado leva a cabo a promoción e organización de actividades no ámbito da educaciónnon formal, entre as cales se inclúe un programa de aproximación dos m

 

ozos e mozas galegos de entre 14 e 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas, e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formatica profesional.

Organizador do Proxecto: Mancomunidade de ordes coa colaboración dos concellos da comarca.

Beneficiarios: Mozos e mozas de entre 14 e 18 años

Obxecto: Desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas.

Sectores: Os sectores aos que pertencen as empresas comprometidas ata a data co Proxecto son os seguintes: administración, carpintería, metálica, automoción, panadería, carpinterá de madeira, sector lácteo , hostalería, industria de madeira, sector agrícola.

Duración: 15 días hábiles ( 4 horas por día)

 

Período de realización das estadías-visitas: Os meses de Verán.

Axudas: Os mozos percibirán unha dieta diaria de 6€ ademáis de 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

Prazo de inscrición: Do 26 de xuño o 7 de xullo.

Prazas disponibles: 30.

Máis Información na Mancomunidade de Ordes Tlf. 981680002 (Manuel Pena – Mónica González).

Mancomunidadeordes@ordes.gal

www.mancomunidadeordes.gal