Entroido no PAI


O Concello fai pública a programación do PAI para a semana do entroido. A semana do 5 ó 9 de febreiro vai ser especial, por iso temos que vir da seguinte maneira:

  • LUNS 5: Haberá que traer algo na cabeza (sombreiro, peiteado especial, … )
  • MARTES 6: Haberá que traer algo no pescozo (colar, paxariña, corbata, … )
  • MÉRCORES 7: Haberá que traer algo no cu (rabo, lazo, pompón, … )
  • XOVES 8: Haberá que traer a cara pintada ou algún obxecto como gafas, caretas, …
  • VENRES 9: Este día teremos que vir vestidos con roupa negra ou o máis escura posible. Serán as mestras as que nos poñerán moi guapos/as.

Ademais, o Venres 16 terá lugar no PAI a Festa de Entroido. Todos os pais e nais están convidados/as e poden asistir disfrazados/as. Tamén poden colaborar traendo doces típicos do Entroido ou o que desexen. Pero recordade: unha cousiña soa cada familia.

E para rematar, despois de tantos días de festa o Martes 13 o centro estará pechado por ser festivo local.

Nesta ocasión a programación acompáñase tamén dun debuxo dunha careta para que as decoren as familias e axuden a decorar o centro: poden pintarse, pegarlle cousas, etc… o que as nais e os pais queirades. ¡O único límite é a imaxinación! recordar que o importante é que os nenos/as participen.

Na seguinte ligazón pode descargarse a careta para imprimir e decorar:

DESCARGA Careta do entroido do PAI