Notas Informativas


Estimadas familias,

O vindeiro día 8 de Marzo, entre as 11.00 h e as 12.30 horas celebraremos a Festa de Entroido do PAI, a que poderedes asistir todos os membros da familia e amigos/as que así o desexedes.

Para a ocasión pedimos a vosa colaboración aportando comida típica de Entroido ou calquera cousiña que vos queirades (evitando sempre alimentos cos que os nenos/as se poidan atragoar).

O que non podedes esquecer é vir todos/as disfrazados/as!

Aproveitamos para recordarvos tamén que o día 5 de Marzo o centro estará pechado por ser Festivo Local.

Un saúdo

Pódese descargar a nota na seguinte ligazón:

DESCARGA WORD Nota informativa Festa do Entroido 2019

Estimadas familias,

Como sabedes para finais deste mes e primeiros do próximo imos celebrar o Entroido no PAI. Xa sabemos que aínda falta moito pero queremos informarvos canto antes para que teñades todo preparado.

A última semana do mes vai ser especial, por iso temos que vir da seguinte maneira:

  • LUNS 25: Haberá que traer algo na cabeza (sombreiro, peiteado especial, … )
  • MARTES 26: Haberá que traer algo no pescozo (colar, paxariña, corbata, … )
  • MÉRCORES 27: Haberá que traer algo no cu (rabo, lazo, pompón, … )
  • XOVES 28: Haberá que traer a cara pintada ou algún obxecto como gafas, caretas, …
  • VENRES 1: Este día teremos que vir vestidos con roupa negra ou o máis escura posible. Serán as mestras as que nos poñerán moi guapos/as.

Ademais, informámosvos que o Venres 8 de Marzo terá lugar no PAI a Festa de Entroido. Estades todos convidados/as e podedes vir disfrazados/as. Tamén podedes colaborar traendo doces típicos do Entroido ou o que vos desexedes. Pero recordade: unha cousiña soa cada familia.

Recordamosvos tamén que o Martes 5 de Marzo o centro permancerá pechado por ser Festivo local.

Un saúdo

A dirección

Pódese descargar a nota na seguinte ligazón:

DESCARGA WORD Nota informativa Entroido 2019