Curso de defensa persoal e autocapacidades


Aberto prazo de inscripción para Actividade de situación de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades

Curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situación. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

Actividade no marco do Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia, para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, rede da que forma parte o Concello de Tordoia.

Dirixido a: mulleres

Lugar: Casa de Cultura

Datas: 28 e 29 de novembro

Horario: 16:00 a 20:00h

Prazas: mínimo8, máximo 20, por orden de inscripción

As participantes deberán ir vestidas con ropa cómoda e/o deportiva

Inscripción: Servizos Sociais Comunitarios: 981 690 001