Excursión a Asturias dos vecinos do Concello de Tordoia


Un total de 55 veciños do concello de Tordoia disfrutaron dunha excursión que os mantivo ao longo de tres días por terras de Asturias.

O primeiro día visitaron lugares coma Cudillero e Avilés, sendo Covadonga coa súa cova e basílica o lugar que despertou maior expectación, rematando o día en Cangas de Onís.

Continuou a visita ao día seguinte na capital do Principado, visitando o monte Naranco e o casco antigo, o cal lle permitiu saborear as mellores sidras. O broche da excursión recorreu diferentes rúas por Avilés e o novedoso Centro Niemeyer.

A última parada tivo lugar en León para repoñer forzas nun restaurante-cueva de Valdevimbre.