Excursión da Terceira idade 2018


O Concello de Tordoia vén de publicar o programa de excursións da terceira idade de 2018 programados para os días 23 e 24 de agosto.

Este ano, a saída proposta inclúe a visita a 4 destacadas localidades galegas. Así a primeira visita será Muros, para visitar posteriormente a Cascada do Ézaro (Dumbría). O xantar será na vila de Cee, para pola tarde visitar a Virxe da Barca en Muxía.

A programación de saída será por parroquias e será:

23 de Agosto: parroquias de Bardaos, Cabaleiros, Tordoia e Andoio.
24 de Agosto: parroquias de Gorgullos, Leobalde, Numide, Castenda, Viladabade e Anxeriz.

Todos aqueles que estean interesados deberán anotarse no Concello antes do 17 de Agosto.

O prezo será de 25 € (inclúe autobús e comida).

Por outra banda, o Concello comunica tamén que a viaxe anual do Concello este ano será a Santander e Bilbao os días 12, 13 e 14 de outubro, e que todos os interesados deberán informarse no Concello (persoa de contacto: Manuela)

Na seguinte ligazón pode consultar o aviso íntegro publicado polo Concello:

IR Á LIGAZÓN Aviso excursión terceira idade