Éxito de asistencia na Festa do Grelo de Anxeriz – Tordoia


Hoxe estase celebrando a Festa do Grelo na parroquia de Anxeriz e mais de 300 persoas se deron cita para degustar esta verdura tan importante nesta zona do concello de Tordoia para a economia familiar.

Organizada pola Asociación de Mulleres “A Ponderosa” e na cal tamén colabora o concello, como cada ano serve para darlle o peche ao entroido e para exaltar a calidade do grelo que se produce na zona.

Ademais da degustación de productos típicos do cocido e doces de elaboración propia, tamén se conta con disfraces e actuacións musicais para continuar cunha tarde amena e de diversión.