Festa infantil do Entroido 2019


O martes 5 de marzo de 16.30 h a 20.00 horas, o Concello de Tordoia organiza a festa infantil do Entroido no pavillón municipal, onde os nenos e nenas poderán disfrutar de obraodiros, xogos, inchables e moita diversión.

Os asistentes, aos que se convida a participar da festa disfrazados, poderán tamén degustar rosca e chocolate.

O alumnado de 4º da ESO rifará unha bicicleta e un reloxo intelixente para a viaxe de fin de curso.