Finalizadas as obras da senda peonil no lugar de Castiñeiro


Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta na Coruña, visitou o pasado venres as obras xa terminadas da senda peonil construída entre os quilómetros 30.9 e 31.4 da estrada AC-400, á altura do lugar de Castiñeiro, en Andoio.

O proxecto, de 60.493 euros, foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural. Cun ancho de 1,8 metros, conta tamén con elementos de drenaxe e recollida de augas.