Gran afluencia de público no entroido celebrado no día de onte no concello de Tordoia


A pesar das inclemencias do tempo, o concello de Tordoia celebrou onte o entroido por todo o alto. A mediodía, en Arcai de Abaixo na parroquia de Gorgullos, despois da misa os asistentes disfrutaron de baile galego e da imaxinación dos asistentes disfrazados.

Xa pola tarde, o Pavillón Municipal resgardou do aire e da choiva aos numerosos veciños e veciñas que participaron da festa, na que se serviron 450 chocolates e 600 churros ademais das “roscas larpeiras” que había.

Inchables, obradoiros e disfraces fixeron que os/as cativos/as pasaran unha gran tarde de diversión.