Inés Santos Pereiro toma posesión como nova alcaldesa de Tordoia


Onte celebrouse o pleno extraordinario no cal tomou posesión como alcaldesa – presidenta, Inés Santos Pereiro. No seu discurso de investidura, amosou o seu desexo de continuar co traballo do recentemente falecido Antonio Pereiro e pediu a colaboración dos grupos da oposición para seguir traballando polos vecinos e veciñas de Tordoia.

Neste mesmo pleno, tamén tomou posesión como concelleira María González González da parroquia de Andoio.

No hay galería seleccionada o la galería se ha eliminado.