Información sobre o bono social enerxético e para usos térmicos


O Concello de Tordoia vén de publicar un Bando anunciando as medidas urxentes para a transición enerxética e protección dos consumidores reguladas no Real Decreto-leí 15/2018 (BOE nº 242 de 6/10/2018/).

Dentro destas medidas, establécese unha nova circunstancia especial para o acceso ao bono social, de maneira que:

  • O limiar de renda máximo fixado para acceder á condición de consumidor vulnerable ou de vulnerable severo no caso das familias monoparentais será 0,5 veces o IPREM superior ao das biparentales. Así, terán dereíto a descontos no recibo as familias monoparentais, ata agora non incluidas, que gañen menos de 19.000 euros ao ano.
  • A circunstancia especial derivada da existencia dun membro do fogar cunha discapacidade recoñecida de polo menos o 33 %, vixente ata agora, amplíase a aquelas situacións nas que un dos membros do fogar teña unha situación de dependencia de grao II ou III.
  • Como medida adicional de protección á infancia, as vivendas acollidas ao bono social nas que vivan menores de 16 anos serán consideradas unha subministración esencial e non poderán ser obxecto de corte de subministración.
  • Da mesma protección ante o corte de subministración gozarán os fogares nos que un dos seus membros se atopen en situación de dependencia recoñecida de grao II ou III, ou ben cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.

Para que os consumidores acollidos ao anterior réxime de bono social poidan acreditar a condición de consumidor vulnerable con arranxo á nova normativa, recoñécese o dereito para percibir o bono social desde o 8 de outubro a todos aqueles que cumpran os requisitos do real decreto e estivesen acollidos ao bono social antigo, sempre que o soliciten e presenten a documentación completa antes do 31 de decembro de 2018.

Ampliase a protección a outros usos enerxéticos, para o que se crea un bono social para usos térmicos (calefacción, auga quente sanitaria ou cociña). Os consumidores vulnerables que estean acollidos ao bono social de electricidade ao 31 de decembro de 2018, ou que presentasen a solicitude completa antes desa data e resulten beneficiarios, recibirán ao longo do inverno un bono que lles permitirá sufragar outros usos enerxéticos do fogar distintos da electricidade.

A contía do bono modularase pola zona climática na que se atope a vivencia e dependerá do grao de vulnerabilidade do fogar.

Información e tramitación: na compañía distribuidora ou nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto dos servizos sociais municipais son:

Baixo da Casa do Concello

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio

Na seguinte ligazón pode descargar o Bando publicado:

IR Á LIGAZÓN Bando medidas urxentes para a transición enerxética e protección dos consumidores